Friday 17 de May de 2024

O Concello destina 18.000 euros ás bolsas de estudo para alumnos de E. Infantil, Primaria, Bacharelato , FP e ESA


O prazo de presentación das solicitudes será do 3 ao 28 de setembro de 2018
O Concello de Cambre convocou as bolsas de estudo cun importe total de 18.000 euros destinadas ao segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria, e ademais, aos alumnos de Bacharelato, Formación Profesional e Ecuación Secundaria para Adultos. Nesta ocasión modificouse o prazo da solicitude (do 3 ao 28 de setembro de 2018) co obxectivo de que os alumnos teñan maior coñecemento do material que teñen que mercar.

As axudas están destinadas a sufragar gastos de material escolar, libros de texto, uniformes escolares ou vestiario destinado á escolarización. Neste senso os alumnos do 2.º ciclo de Educación Infantil poderán acceder a axudas para libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser ou caso) ou vestiario destinado á escolarización.

En canto ao alumnado de Primaria poderán acceder a axudas para uniformes escolares (de ser ou caso) ou vestiario destinado á escolarización. E o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos poderán acceder a axudas para libros de texto e material escolar.

Segundo a concellería de Educación, María Jesús Gómez: “A nosa intención é continuar con este tipo de axudas para a fomentar e apostar pola educación pública e de calidade. Este ano cambiamos o prazo de solicitude para facilitar os trámites aos solicitantes”, apunta.

En concreto concederanse; 85 bolsas de estudo, de 120,00 € cada unha, destinadas aos alumnos do 2.º ciclo de Educación Infantil; 66 bolsas, de 50,00 € cada unha, destinadas aos alumnos de Educación Primaria; e 30 bolsas de 150,00 € cada unha destinadas aos alumnos de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria para Adultos.